Templo votivo do Mar de Panxón
TEMPO
Construción: 1932-1937
LUGAR
Primeiro gran exemplo de arquitectura de temática relixiosa en Antonio Palacios. Como noutras moitas ocasións, o arquitecto entregou o proxecto de maneira gratuíta. Tamén como noutros moitos exemplos da considerada, por algúns especialistas, como arquitectura “rexionalista” de Palacios, incorpora unha serie de elementos e características constantes:
– Linguaxe de inspiración medieval.
– Unha torre como elemento definidor, estrutural e simbólicamente, do edificio. Aquí aparece desdobrada en dous corpos, un de base cadrada e outro de base circular.
– Accesos porticados que, polo xeral, sitúanse na base da torre.
– Grandes contrafortes nos ángulos da torre.
– Coidado especial na presentación do granito.
En canto a materiais, convén subliñar que nesta ocasión Palacios emprega laxas de pavés no seu conxunto de vidreiras. Tamén é destacable o xogo cromático e de texturas presente no seu interior, cuxos mosaicos policromados, realizados por José Mogimes, lembran intensamente motivos e estética bizantina.
Fonte: Antonio Palacios. A pedra, o país, a arte, o urbanismo, a renovada tradición: O oficio de arquitecto. Xosé María Ramón Iglesias Veiga, Ir Indo Edicións, Vigo, 1995.