Teatro A Fundación (Vigo)
TEMPO
Construción: 1912-1927
LUGAR
Este proxecto de Antonio Palacios foi coñecido inicialmente como Teatro-Casino García Barbón. A súa realización prodúcese na mesma época en que Palacios traballaba na definición do Círculo de Belas Artes de Madrid, e con ese mesmo edificio comparte un carácter cosmopolita e unha organización multifuncional do edificio. É habitual mencionar, respecto a este Teatro, a inspiración de Palacios no Teatro da Ópera de París, obra emblemática de Charles Garnier.
O encargo foi solicitado a Palacios polas herdeiras de José García Barbón, unha vez que o edificio que ocupaba o mesmo emprazamento, o Teatro Rosalía, sufriu un devastador incendio en 1910 que reduciu a ruínas o inmoble.