Pavillón de Recreo Artístico e Industrial en Santiago de Compostela
TEMPO
Construción: 1908-1909
LUGAR
De entre as edificacións máis marcadamente “modernistas” da obra galega de Antonio Palacios, quizais no extremo oposto da súa posible vertente “rexionalista”, destaca esta construción deseñada a modo de pavillón de xardín para a capital de Galicia. Tal e como sinala Alfredo Vigo Trasancos*, referíndose á súa vez a un estudo previo de Justo Berameni, o edificio erixiríase como unha especie de “belvedere e lugar de diversión dunha sociedade elitista e, ademais, no contexto festivo e multitudinario da Exposición Rexional Galega que se celebrou na cidade do Apostol en 1909”.
* “Imaxes e soños: a arquitectura galega de Antonio Palacios”, presente en Antonio Palacios. Soños de modernidade. Compromiso con Galicia, Xunta de Galicia, Vigo, 2020.