Sobre o comisario do proxecto
José Manuel Mouriño é investigador, docente, ensaísta, cineasta e comisario de exposicións. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, adicou a súa Tese doutoral ao director e mestre de cineastas rusos Mijaíl Romm, un traballo que mereció a calificación de sobresaliente cum laude no ano 2016. Sobre esta figura da cinematografía soviética comisariou unha retrospectiva para a Filmoteca Española, no ano 2014, e prepara unha monografía de próxima publicación. É o autor de diversos libros ou ensaios sobre cineastas como Andréi Tarkovski, Norman McLaren, Serguéi Paradjánov, Pier Paolo Pasolini, Michelangelo Antonioni ou Jean-Claude Rousseau. Publicou artigos en revistas como Arte y parte, Shangrila ou Caimán Cuadernos de Cine. Tamén participou en publicacións ou eventos culturais promovidos por institucións coma o Círculo de Belas Artes de Madrid, a Fundación Mapfre, a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), a Oficina Cultural da Embaixada de España en Italia ou a Cineteca de Boloña. Desde fai varios anos traballa co Instituto Internacional Andréi Tarkovski en calidade de representante e coordinador desta institución para a Península Ibérica e América Latina. Froito da colaboración entre o Instituto Tarkovski e a Elías Querejeta Zine Eskola de San Sebastián, formou parte do proxecto de recuperación, estudo e difusión das ‘Leccións de Cinema de Andréi Tarkovski’ (un conxunto de arquivos sonoros, de más de 90 horas de duración, ata este momento descoñecidos). Ten comisariado, entre outras, exposicións adicadas ao propio Andréi Tarkovski, Michelangelo Antonioni, Pier Paolo Pasolini, Fernando Pessoa, Albert Kahn e os seus Arquivos do Planeta, María Zambrano ou José Ángel Valente. Actualmente desenvolve, co apoio do Círculo de Belas Artes de Madrid, o proxecto multimedia, de estudo e difusión cultural, sobre o arquitecto galego Antonio Palacios, Atlas Palacios 2024-2026. También na actualidade, traballa na creación e coordinación do Laboratorio María Zambrano de Poética Audiovisual, un organismo pertencente á Fundación María Zambrano de Vélez-Málaga. Dentro do seu labor como investigador ou docente, desenvolve un proxecto de investigación sobre os ‘Documentais da emigración galega’, estudo inicialmente apoiado pola Fundación Carlos Velo, e dirixe os seminarios on-line de análisis sobre estética da imaxe Kinorizomas. Dentro da súa produción como director de ensaios audiovisuais, é o autor dos seguintes títulos: 36 vistas da Torre de Hércules (2009); Luís Seoane. Visualidade, recordo e síntese (2010); Los días blancos, apuntes sobre el rodaje de Nostalghia, de Andrei Tarkovski (2012); Manuel Vilariño. Ser Luz, (2016); Pessoa/Lisboa (2017, co-dirixido con Alberto Ruiz de Samaniego); María Zambrano y el método de los claros (2018), José Ángel Valente. Escribir Lugar (2021) o Manuel Falces. Inventario de espejos (2023).