Cremos firmemente na capacidade da obra audiovisual, de corte documental, como medio inmellorable á hora de ofrecer ao espectador un acceso conmovedor ao coñecemento. Cremos no feito de que imaxes e sons dun ensaio audiovisual converten a información que se busca transmitir nunha vivencia memorable. O futuro filme documental que serve como xerme ao proxecto ATLAS PALACIOS 2024-2026 multiplicará o alcance das súas virtudes didácticas a través da tecnoloxía dixital e a linguaxe audiovisual. Esta vertente da proposta asumirá tamén a esixencia de empregar unha narrativa en imaxes diáfana, elaborada e artisticamente ambiciosa.