O proxecto ATLAS PALACIOS 2024-2026 nace co obxectivo principal, aplicado a distintos ámbitos, de relacionar lugares: promove unha interpretación da obra de Antonio Palacios como un potencial conxunto de espazos en diálogo. Este esforzo por establecer vínculos esténdese, inclusive, á área das relacións institucionais. ATLAS PALACIOS 2024-2026 xestionará a incorporación de organismos, empresas ou centros de cultura que, como o propio Círculo de Belas Artes de Madrid, desenvolven a súa actividade diaria en edificios ideados polo arquitecto galego. A todo iso súmase a necesidade que facilitar un acceso libre aos contidos xerados. Por estas razóns, o proxecto adopta internet como unha interface imprescindible para a súa posta en marcha e desenvolvemento. A ferramenta web do proxecto será o limiar que consolide, desde o universo virtual das redes dixitais, os lazos de colaboración e o coñecemento cultivado e difundido desde espazos arquitectónicos reais, ademais de servir como soporte inmediato na divulgación do traballo realizado.