Casa comercial Matesanz
TEMPO
Construción: 1919-1923
LUGAR
Trátase dun novo exemplo, sobre todo no seu exterior, da influencia que experimentou Antonio Palacios pola Escola arquitectónica de Chicago de finais do S. XIX, o que convida a estudar a relación que mantén con outros edificios do arquitecto nos que tamén se mostra evidente dita influencia, tanto na cidade de Madrid (Banco Mercantil e Industrial) como en Galicia (Edificio Banca Viñas Aranda en Vigo).
Comparte moitas características con outro edificio de Palacios realizado nesa mesma época, a Casa comercial Palazuelo. Entre outras, o gran baleiro estrutural rodeado por galerías a distintas alturas, así como a súa culminación cunha fermosa cuberta acristalada, de estilo modernista, que asolaga de luz cenital o interior do inmoble.