Concello de O Porriño

TEMPO

Construción: 1919-1924

LUGAR

O proxecto do edificio, cuxa execución se concretou grazas ao mecenado de Ramón González, foi realizado e entregado gratuitamente por Antonio Palacios ao Concello do Porriño, o seu lugar de orixe. Diversos especialistas na obra de Palacios, como Xosé Ramon Iglesias Veiga, sinalan a este proxecto como unha das primeiras ocasións en que Palacios concreta a vertente rexionalista no seu traballo. A pesar das limitacións impostas polas dimensións do solar onde tiña que ser construído o edificio, Palacios consegue culminar o seu proxecto baixo unha monumentalidade que se repite de maneira constante en moitas das súas obras máis coñecidas. Tamén en palabras do historiador Iglesias Veiga*, Palacios sérvese aquí de numerosos elementos que caracterizarían a vertente rexionalista na súa produción:

– Linguaxe de inspiración medieval.

– Unha torre como elemento definidor, estrutural e simbólicamente, do edificio.

– Accesos porticados que, polo xeral, sitúanse na base da torre.

– Grandes contrafortes nos ángulos da torre.

– Coidado especial na presentación do granito.

*Antonio Palacios. A pedra, o país, a arte, o urbanismo, a renovada tradición: O oficio de arquitecto. Xosé María Ramón Iglesias Veiga, Ir Indo Edicións, Vigo, 1995.

Constelacións / Sementes / Xestos / Movementos