Círculo de Belas Artes de Madrid

LUGAR

TEMPO

Construción: 1919-1926

Edificio multifuncional por excelencia, dentro da produción de Antonio Palacios, foi amosando unha asombrosa capacidade de adaptación ás variacións de uso esixidas en cada época. A propia evolución e crecemento institucional do Círculo de Belas Artes, a súa función como casa das artes, a música e o pensamento contemporáneos, así como promotor das actividades lúdicas postas nel en marcha, atopou un apoio fundamental na versatilidade dos seus espazos monumentais.

Especialistas como Jacobo Armero Chauton definen esta obra en particular de Palacios como o “legado arquitectónico máis determinante” do arquitecto galego. En opinión de Armero Chauton, con este edificio Palacios alcanzaría “a categoría de mestre da arquitectura española do S.XX” *.

En 1981 foi declarado monumento histórico artístico nacional. O seu interior consta de oito plantas, por entre as que se reparten diversos espazos para a celebración de eventos culturais de toda natureza (en salas cuxos nomes honran o recordo de autores fundamentais do S.XX español, vinculados dun modo ou outro á institución, como Ramón Gómez da Serna, Valle-Inclán, María Zambrano, María Moliner ou o propio Antonio Palacios), ademais do seu cinema, teatro, azotea cunha das vistas máis fermosas da cidade de Madrid, salas de billar, biblioteca, salóns de estudo ou lectura e talleres de artes plásticas, estudo de radio, etc…

O exterior do edificio presenta o mesmo carácter vertical doutras obras de Palacios, aquí coroada a súa ascensión por unha escultura da deusa Minerva (obra de Juan Luis Vassallo) que terminou por converterse nunha icona fundamental, tanto para o edificio como para a institución, e por unha torre que non deixa de dialogar con outras torres similares na produción de Palacios.

* “A obra de Antonio Palacios en Madrid”, presente en Antonio Palacios. Soños de modernidade. Compromiso con Galicia, Xunta de Galicia, Vigo, 2020.

* “La obra de Antonio Palacios en Madrid”, presente en Antonio Palacios. Soños de modernidade. Compromiso con Galicia, Xunta de Galicia, Vigo, 2020.

Constelacións / Sementes / Xestos / Movimentos

“A linguaxe simbólica dos xestos, frecuentemente subliñado por inscricións na linguaxe, dirixido ao oído, das palabras, obrigaba con aquela función mnética ás obras arquitectónicas (…) a revivir emocións humanas en toda a amplitude da súa polaridade tráxica, desde a resignación pasiva ata o triunfalismo activo

(Aby Warburg, introdución ao Atlas Mnemosyne