El Atlas Mnemosyne de Aby Warburg como modelo
Coa finalidade de sinalar un modelo de traballo que sirva como referencia de actuación ao proceso de investigación exposto co noso proxecto, queremos remitirnos, a modo de ilustración, ao seguinte fragmento extraído da introdución ao seu Atlas Mnemosyne que Aby Warburg esbozou cara 1929:
“Entre captar coa fantasía e contemplar a través do concepto está o palpar e manipular o obxecto co consecuente reflexo escultórico ou pictórico que se chama acto artístico. Esta dualidade da función anticaótica, que así podería chamarse por mostrar a forma artística selectivamente, con claros contornos, algo único, e a entrega visualmente esixida ao espectador, e cúlticamente requirida, ao ídolo creado, crean aquelas perplexidades do home de espírito cultivado que deberían constituír o verdadeiro tema dunha ciencia da cultura que elixise como obxecto proprio a historia psicolóxica, ela mesma ilustrativa, do espazo entre impulso e acción. O proceso de desdemonización do acervo común de impresións, do acervo común de emocións fóbicamente marcadas que recolle nunha linguaxe gestual a escala enteira dos estremecimientos humanos, desde a inquietude e o desamparo ata o máis horrible canibalismo, confire á dinámica humana, mesmo nos actos situados entre os polos extremos do orgiasmo, como loitar, camiñar, correr, danzar ou manexar obxectos, aquela marxe de vivencias inquietantes que o home culto do Renacemento criado na disciplina eclesiástica medieval vía como un territorio prohibido que só os descreídos de ánimo desembarazado podían atravesar. O Atlas Mnemosyne proponse ilustrar coas súas imaxes este proceso, que podería verse como un intento de reanimar valores expresivos predefinidos na representación da vida en movemento.
Coa súa provisión de imaxes (Mnemosyne) quere ser ante todo un inventario dos modelos antiquizantes preexistentes que influíron na representación da vida en movemento e determinaron o estilo artístico na época do Renacemento…”
Traducción ao galego realizada a partir dunha traducción ao castelán do texto orixinal de Joaquín Chamorro Mielke
Constelacións / Sementes / Xestos / Movimentos
Outros Atlas realizados polo Círculo de Belas Artes de Madrid: