Edificio Banca Viñas Aranda

TEMPO

Construción: 1941

LUGAR

Edificio cuxa marcada impresión de verticalidade vén reforzada polas robustas columnas que loce nas dúas caras do mesmo, planos converxentes nun non menos robusto chaflán onde Palacios sitúa a entrada ao inmoble. A parte superior do chaflán, que parece erguerse case a modo dunha grosa espadana (conformada, á súa vez, por dous corpos que se superpoñen) presenta un van rectangular no seu centro, con catro columnas cubertas de cerámica (do mesmo xeito que o resto de columnas exteriores da fachada).

Este foi o único exemplo, realizado por Palacios na cidade de Vigo, dos seus traballos en edificios comerciais ou de vivendas, tan abundantes na cidade de Madrid. Do mesmo xeito que no edificio do Banco Mercantil e Industrial, hoxe sede da Consellería de Cultura, Turismo e Deporte da Comunidad de Madrid, así como da Sala de exposicións Alcalá 31, este edificio vigués é un notable exemplo da influencia que o arquitecto experimentou pola Escola de Chicago de finais do S. XIX.

Constelacións / Sementes / Xestos / Movementos